Mancomún

Curso de iniciación a Writer na Coruña

Luns, 2 Setembro 2024
Curso de iniciación a Writer na Coruña

O Centro Cívico de Eirís na Coruña acollerá, do 3 ao 19 de setembro, un “Curso básico sobre o procesador de textos Writer”. Este curso, orientado a todas aquelas persoas interesadas en mellorar as súas habilidades ofimáticas, terá lugar en modalidade presencial de luns a venres en horario de 09:30 a 11:30.

logo de writer

O curso Writer I (básico) está pensado para aquelas persoas que desexen aprender a elaborar documentos de texto a través do ordenador. Os participantes adquirirán coñecementos fundamentais para o uso eficiente desta ferramenta, dende a creación e edición de documentos ata o seu formateado e personalización. A inscrición para o curso xa está aberta e pode realizase a través desta web.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal