Mancomún

Curso de Libre Office Calc na aula CeMIT de Boiro

Luns, 3 Xuño 2024
Curso de Libre Office Calc na aula CeMIT de Boiro

Durante o mes de xuño terá lugar o curso de LibreOffice Calc (inicio e perfeccionamento), na aula CeMIT do Concello de Boiro. Esta formación impartirase entre o 17 e o 20 de xuño, en horario de 10.00 a 12.30 horas.

Cartel do Curso de Libre Office Calc na aula CeMIT de Boiro

As inscricións están abertas e poden facerse na Aula CeMIT do Centro Social, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou nos teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal