Este curso, en modalidade virtual, guiará ao alumnado ata un nivel de coñecemento de programación que lle permita deseñar, escribir, depurar e executar programas codificados na linguaxe Python e comprender os conceptos básicos da tecnoloxía de desenvolvemento de software.
O curso recoméndase para aspirantes a desenvolvedoras/es que estean interesadas/os en seguir carreiras relacionadas co desenvolvemento de software e a seguridade, as redes e o Internet das cousas (IoT).
Durante a formación, estudaranse aspectos da programación en Python tales como os módulos, paquetes, excepcións, procesamento de arquivos, así como técnicas xerais de codificación e programación orientada a obxectos (POO).

Temario
Módulo 1: Introdución a Python e á programación
Módulo 2: Tipos de datos, variables, operacións básicas de entrada e saída e operadores básicos
Módulo 3: Valores booleanos, execución condicional, bucles, listas e o seu procesamento, operacións lóxicas e a nivel de bits
Módulo 4: Funcións, tuplas, dicionarios e procesamento de datos
Módulo 5: Módulos, paquetes e PIP
Módulo 6: Excepcións, Strings e métodos sobre listas/strings
Módulo 7: Programación orientada a obxectos en Python (OOP)
Módulo 8: Miscellaneous
