Mancomún

Curso de WordPress na aula CeMIT de Ponteareas

Mércores, 3 Marzo 2021
Curso de WordPress na aula CeMIT de Ponteareas

Entre o 9 e o 31 de marzo, en horario de 16.00 a 17.30, terá lugar o curso de “Iniciación sitio web con WordPress” na aula CeMIT de Ponteareas.

O alumnado contará con titorías online e offline por correo electrónico e en liña segundo cita previa no horario de atención da aula todos os días de 9 a 11 horas e os mércores de 21:30 a 22:30hrs.

WordPress

WordPress é un sistema de xestión de contidos, enfocado á creación de calquera tipo de páxina web. Orixinalmente alcanzou unha gran popularidade na creación de blogs, para converterse co tempo nunha das principais ferramentas para a creación de páxinas web comerciais.

Inscrición

A inscrición pode realizarse na seguinte ligazón https://cemit.xunta.gal/gl/centro/59

Para obter máis información, as persoas interesadas deberán contactar a través de chamada ou de mensaxe de whatsapp no número de teléfono 634 238 962 ou do correo electrónico cemit.ponteareas@xunta.gal

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal