Mancomún

Curso MOOC “Conocimiento Abierto y Software Libre” da UGR

Mércores, 26 Xaneiro 2022
Curso MOOC “Conocimiento Abierto y Software Libre” da UGR

A plataforma abiertaUGR ofrece unha nova edición do MOOC “Conocimiento Abierto y Software Libre”, desenvolto pola Oficina de Software Libre (OSL) e o Centro de Produción de Recursos para a Universidade Dixital (CEPRUD) da Universidade de Granada.

Neste curso trátanse estes temas:
– A normativa existente en España relativa á propiedade intelectual.
– A ciencia en aberto.
– As licenzas dispoñibles para protexer as creacións
– Que son os datos e formatos abertos.

Ademais abordaranse temas como a forma máis adecuada de ensinar a calquera estudante seguindo a filosofía ‘open’, ou a metodoloxía para aplicar esta filosofía a ámbitos como os negocios e a empresa.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal