Mancomún

Curso telemático sobre “Edición de imaxes con GIMP”, da aula CeMIT de Ames

Venres, 22 Xaneiro 2021
Curso telemático sobre “Edición de imaxes con GIMP”, da aula CeMIT de Ames

A Aula CeMIT do Concello de Ames, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, ten como obxectivo facilitar o acceso dos veciños e veciñas de Ames aos diferentes cursos que oferta, ademais de dispor dun horario de Aula Aberta para que os interesados e interesadas poidan pasar a rexistrarte nas actividades, solicitar axuda ou outra clase de información, e usar os ordenadores.

O día 25 de xaneiro esta aula dará comezo ao curso telemático de “Edición de imaxes con GIMP”, de luns a xoves ata o 4 de febreiro, de 17.30 a 18.30 horas.

GIMP

GIMP é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits multiplataforma (GNU/Linux, Microsoft Windows e macOS), co que se pode traballar tanto con debuxos como con fotografías. É un programa de software libre e gratuíto. Está dispoñible baixo a licenza GPL e a GNU Lesser General Public License.

A interface de GIMP está dispoñible en varios idiomas, incluídos o galego e o español, entre outros.

GIMP ten ferramentas que se utilizan tanto para o retoque coma para a edición de imaxes e debuxos.

Como anotarse e asistir virtualmente

Para poder inscribirse precísase dun ordenador co software necesario, conectado á rede para poder seguir a retransmisión en directo dende YouTube. Este curso mestura sesións explicativas con prácticas titorizadas para facilitar o aprendizaxe.

Para inscribirse na actividade será preciso estar rexistrado de balde na rede CeMIT. Para máis información ou facer a reserva podes acceder á aula no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns ou poñerte en contacto a través do número teléfono: 682 373 753 ou do enderezo de correo electrónico: cemit.ames@xunta.gal

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal