A aula CeMIT organiza varios cursos de formación para os meses de verán.

Entre o 26 de xuño e o 24 de xullo, teremos a formación: “Scratch en verán”. O scratch é unha linguaxe de programación por bloques moi visual e adecuada para que os rapaces e rapazas comecen a usar a lóxica da informática na programación, dando pé a que se adentren na robótica educativa. Diríxese á rapazada de entre 8 e 12 anos, e desenvolverase os mércores de 10:00 a 12:00 horas.

Para os adolescentes de 12 a 16 anos haberá un curso de “Edición de imaxes”, que se impartirá do 27 de xuño ao 18 de xullo; os xoves, de 10:00 a 12:00 horas. Nel a rapazada aprenderá manexarse coa interface do programa GIMP, comprenderán os conceptos básicos na imaxe dixital e as ferramentas máis valiosas de este tipo de programas. Ademais, tamén recibirán unhas nocións básicas do deseño vectorial con Inkscape.
Inscrición
Para matricularse en calquera destes cursos, os menores de idade deben estar rexistrados previamente na rede CeMIT. A inscrición pode facerse a través desta ligazón.
 
					 
		 
			
 
			 
				