Mancomún

Cursos titorizados sobre InnerSource – Segunda edición

Mércores, 23 Outubro 2024
Cursos titorizados sobre InnerSource – Segunda edición

O 4 de novembro arrinca a segunda edición dos cursos titorizados en formato en liña sobre InnerSource. A cargo de Daniel Izquierdo, actual presidente da InnerSource Commons Foundation, veremos os aspectos clave a ter en conta á hora de implantar os conceptos de Inner Source na nosa empresa ou organización.

logo de innersource

Dispoñibles en aberto dous cursos sobre InnerSource, a través da plataforma de formación en liña do CeMIT:

Xestión de Proxectos InnerSource

Modelos de InnerSource para PEMEs

É necesario dispoñer dunha conta na plataforma en liña do CeMIT para poder acceder aos cursos, pódese solicitar a través deste formulario.

Edicións titorizadas dos cursos

Estes cursos en liña disporán ademais de titorías, cunha duración de 6 semanas cada curso:
– Segunda edición – do 4 de novembro ao 16 de decembro

Nota: poderán facerse os dous cursos en paralelo, xa que non teñen unha carga elevada de traballo, pero se queres aproveitar as dúas edicións e facer cada curso en edicións separadas, a recomendación é facer primeiro o de Xestión de Proxectos InnerSource porque ten un enfoque máis introdutorio.

Na información do curso en liña, teredes máis información sobre as titorías. A inscrición ás edicións titorizadas faise directamente nos cursos que están xa abertos.

Webminars publicados

Temos dispoñibles en vídeo, varios webminars publicados sobre InnerSource que se celebraron recentemente, dunha duración de 1 hora cada un:

Primer webminar sobre InnerSource

Segundo webminar sobre InnerSource

Terceiro webminar sobre InnerSource

Sobre Inner Source

Pódese definir o concepto Inner Source como a aplicación das mellores prácticas de desenvolvemento de software, que se dan nos proxectos de software libre, ao ámbito interno dunha organización. O software resultante de cara a fora pode ser software libre ou seguir sendo software privativo, pero dentro dos límites internos da organización os procesos de desenvolvemento son abertos, seguindo a filosofía dos proxectos de software libre.

xente colaborando

O principal motivo para adoptar estas prácticas é que está altamente contrastado que o modelo de desenvolvemento do software libre facilita a innovación e a alta calidade no software. Son numerosos os exemplos de entidades de todo tipo que xa adoptaron esta iniciativa con excelentes resultados, empresas tecnolóxicas, entidades bancarias, empresas do sector da automoción ou grandes multinacionais de sectores non tecnolóxicos pero que desenvolven o seu propio software.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal