Mancomún

Darktable 4.2

Mércores, 4 Xaneiro 2023

Darktable, editor libre de imaxes RAW, chega coa versión 4.2 cunha gran cantidade de novidades.

logo

Novidades: segunda xanela de imaxe do cuarto escuro mellorada para soportar os modos de avaliación de cor ISO-12646. O módulo de instantáneas foi reconstruído para empregar unha vista xerada dinamicamente coa funcionalidade de pixelpipe. O módulo de corrección de lentes foi mellorado, podendo extraer información de corrección de lente dunha imaxe EXIF. Soporte de JPEG XL.

Os módulos foron modificados para desprazarse automaticamente e ser totalmente visibles. No cacheo de Pixelpipe mellorouse o desempeño e a velocidade da interface de usuario. Soporte para manipular sombras sen ter que usar a roda do rato, soporte de lectura para WebP e os perfís ICC incrustados están agora soportados á hora de exportar en WebP, entre moitas outras novidades.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal