Pódese definir o concepto Inner Source como a aplicación das mellores prácticas de desenvolvemento de software, que se dan nos proxectos de software libre, ao ámbito interno dunha organización. Está altamente contrastado que o modelo de desenvolvemento do software libre facilita a innovación e a alta calidade no software.

O software resultante de cara a fora pode ser software libre ou seguir sendo software privativo, pero dentro dos límites internos da organización os procesos de desenvolvemento son abertos, seguindo a filosofía dos proxectos de software libre.
Cursos en liña sobre Inner Source
Xa están dispoñibles dous cursos a través da plataforma de formación en liña do CeMIT:
– Modelos de InnerSource para PEMEs
– Xestión de Proxectos InnerSource
É necesario dispoñer dunha conta na plataforma en liña do CeMIT para poder acceder aos cursos, pódese solicitar a través deste formulario.

Modelos de InnerSource para PEMEs
O curso Modelos de InnerSource para PEMEs é unha acción formativa deseñada para axudar a profesionais e líderes de organizacións a comprender, implementar e aproveitar os beneficios da aproximación InnerSource no desenvolvemento de software.
Ao longo do curso, presentaranse os roles e responsabilidades chave nun contorno InnerSource, así como as prácticas e ferramentas utilizadas para fomentar a colaboración e a participación activa dos equipos. Aprenderás a establecer unha cultura colaborativa e a promover a comunicación efectiva entre os membros do equipo.
Este curso proporcionarache os coñecementos, ferramentas e habilidades necesarias para implementar InnerSource na túa organización e aproveitar ao máximo os seus beneficios, fomentando a colaboración, a transparencia e a eficiencia no desenvolvemento de software.
Ficha técnica do curso.
Programa
MÓDULO 1: Implementación de InnerSource.
1.1 Principios e modelos de InnerSource.
1.2 Solucións aplicadas a problemas habituais no desenvolvemento de código.
1.3 Como favorecer o éxito da aplicación de InnerSource.
MÓDULO 2: Medición e avaliación de InnerSource.
2.1 Obxectivos no uso das métricas para medir o éxito de InnerSource
2.2 Principais áreas de análise en InnerSource.
2.3 Enfoque GQM e estratexia de mellora continua PDCA de métricas en InnerSource.
MÓDULO 3: Casos de estudo de éxito.
3.1 Exemplos de organizacións que adoptaron InnerSource.
3.2 Leccións aprendidas e mellores prácticas de implementación.

Xestión de Proxectos InnerSource
O curso Xestión de Proxectos InnerSource é unha acción formativa deseñada para axudar a comprender e aproveitar os beneficios da aproximación InnerSource no desenvolvemento de software.
Neste curso, explorarás os fundamentos de InnerSource, aprendendo que é e como difire do desenvolvemento de código aberto convencional. Descubrirás os principios e valores que sustentan InnerSource, así como os beneficios que pode aportar á túa organización, como a mellora da colaboración, a transparencia e a eficiencia no desenvolvemento de software.
Ao longo do curso, presentaranse os roles e responsabilidades chave nun contorno InnerSource, así como as prácticas e ferramentas utilizadas para fomentar a colaboración e a participación activa dos equipos. Aprenderás a establecer unha cultura colaborativa e a promover a comunicación efectiva entre os membros do equipo.
Ficha técnica do curso.
Programa
MÓDULO 1: Introdución a InnerSource.
1.1 Que é InnerSource?
1.2 Cales son os beneficios de InnerSource?
1.3 Cales son os principios e valores de InnerSource?
1.4 Comparación co desenvolvemento de código convencional.
MÓDULO 2: Fundamentos de InnerSource.
2.1 Roles e responsabilidades.
2.2 Cultura colaborativa e transparencia.
2.3 Ferramentas para o desenvolvemento InnerSource.
2.4 Mellores prácticas e modelos en InnerSource.
MÓDULO 3: Xestión de proxectos InnerSource.
3.1 Selección e deseño de proxectos InnerSource.
3.2 Recomendacións para a xestión da comunidade InnerSource.
3.3 A resolución de conflitos e colaboración en contornos InnerSource.
3.4 Xestión do ciclo de vida dos proxectos de InnerSource.
Webimnars

Para completar as formacións, impartiranse varios webimnars introdutorios a Inner Source. A cargo de Daniel Izquierdo, actual presidente da InnerSource Commons Foundation, repasaremos os aspectos clave a ter en conta á hora de implantar os conceptos de Inner Source na nosa empresa ou organización.
O primeiro do webimnars terá lugar o 27 de Xuño, ás 10:00 horas, cunha duración aproximada dunha hora.
Sala: Faladoiro de Mancomún
Inscrición ao webimnar
É necesaria facer a inscrición previa, a través deste formulario.
 
					 
		 
			
 
			 
				