A Asociación Amigus, organiza entre o 19 e o 23 de agosto, no Local do Pulpo das Pontes, a edición 2024 do seu Campamento de Ciencia e Tecnoloxía. O campamento terá unha duración de 5 días, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00h horas.

As rapazas e rapaces entre 5 e 14 anos poderán “descubrir a ciencia na cociña, aprender interactivamente sobre botánica, ou descubrir sobre o cosmos no planetario inchábel”. Tamén programarán e montarán distintas placas de programación, farán experimentos ou mesmo traballos manuais. Ademais, este ano contarase cunha actividade de realidade virtual.
 
					 
		 
			
 
			 
				