Continuamos coa publicación dunha serie de entrevistas e infografías que fixemos a varias persoas da comunidade de software libre, para coñecer as ferramentas que empregan no seu día a día nas súas tarefas habituais, o impacto que tivo o software libre na súa vida, consellos para empezar neste mundo e a súa relación con proxectos libres.

Esta entrevista fixémola a Marc Romero:
“Investigador predoutoral sobre medio ambiente e recursos naturais pola Facultade de Bioloxía da USC.”
– Cales son as tres ferramentas de software libre que máis utilizas no teu día a día e para que as usas?
SumatraPDF -> Ler arquivos
Gimp -> Retocar fotos
R Studio -> Estatística
– Que funcionalidades valoras máis ao elixir unha ferramenta de software libre?
Pois a sensación de estar utilizando algo que a comunidade “que sabe” está seguido auditando e facendo melloras.
– Coñeces algún recurso (web, blog, podcast…) que che fora especialmente útil para aprender máis sobre software libre ou descubrir novas ferramentas?
Escoitara un podcast hai tempo, pero era demasiado especializado para min. Non lembro o nome. Era en galego. Facían interludios como con historietas de como nos rouban os datos e se lucran con eles e demais…Divertido e instructivo pero non era para min.
– Cres que o software libre tivo un impacto positivo na túa vida profesional ou persoal?
Si, dende logo.
– Algún proxecto de software libre no que esteas especialmente interesado/a e do que che gustaría compartir información?
Intersanme R e QGIS polo tema do traballo. Pero un que me chocou moito foi o GNUHealth que busca desenvolver e implantar todo o que ven sendo o sistema informático dos centros médico e das administracións varias da saúde, con enfoque libre e open, e tal. Penso que xa tiveron avances e casos de éxito polo mundo. Moi interesante na miña opinión.

– Utilizas algún sistema operativo libre no teu día a día? Cal usas e por que?
Non. Estou pendente de organizar os meus arquivos (cando teña tempo) e daquela facer unha partición para ter tanto GNU/Linux como Windows. Pero inda non tiven o tempo nin o ímpetu.
– Que desafíos enfrontaches ao adoptar ou utilizar software libre, e como os superaches?
A verdade é que non saín abondo da miña zona de confort como para atoparme con retos verdadeiros. Mal por min, seino. Se cadra…aprender algo da linguaxe R para non ter que depender do IBM SPSS para as miñas estadísticas…pero non o considerei un reto grande.
– Que importancia das á privacidade e seguridade ao elixir ferramentas de software libre?
Media-alta.
– Contribuíches algunha vez ao desenvolvemento ou mellora dunha ferramenta ou proxecto de software libre, como foi a túa experiencia?
Non.
– Que consello lle darías a alguén que está interesado en comezar a utilizar software libre pero non sabe por onde empezar?
Que se informe un mínimo do que é a nivel “filosófico”. Que valore os beneficios de xeito pausado e reflexionado.
Podedes ver o resto das entrevistas nesta ligazón.
 
					 
		 
			
 
			 
				