Continuamos coa publicación dunha serie de entrevistas e infografías que fixemos a varias persoas da comunidade de software libre, para coñecer as ferramentas que empregan no seu día a día nas súas tarefas habituais, o impacto que tivo o software libre na súa vida, consellos para empezar neste mundo e a súa relación con proxectos libres.

Esta entrevista fixémola a María José Ginzo:
“Son Profesora Axudante Doutora no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela. Doutoreime en Estatística e Investigación Operativa pola Universidade de Santiago de Compostela en maio de 2022, coa tese titulada “Técnicas Estatísticas en Geolingüística. Modelización Onomástica”. Os meus intereses de investigación inclúen a xeolingüística e a estatística espacial.”
– Cales son as tres ferramentas de software libre que máis utilizas no teu día a día e para que as usas?
R para análise de datos e Latex para escribir.
– Coñeces algún recurso (web, blog, podcast…) que che fora especialmente útil para aprender máis sobre software libre ou descubrir novas ferramentas?
Non sei dicir ningún en particular, cando teño dúbidas busco en xeral, non teño un de referencia.
– Cres que o software libre tivo un impacto positivo na túa vida profesional ou persoal?
Si tivo un impacto positivo tanto no profesional como no persoal.
– Algún proxecto de software libre no que esteas especialmente interesado/a e do que che gustaría compartir información?
Imparto cursos de R, Latex, Maxima…

– Utilizas algún sistema operativo libre no teu día a día? Cal usas e por que?
Non, emprego windows, é o que temos no traballo e na casa, supño q por pereza tamén.
– Que desafíos enfrontaches ao adoptar ou utilizar software libre, e como os superaches?
Diría que ningún. As ansias por aprender calquera tipo de software.
– Que importancia das á privacidade e seguridade ao elixir ferramentas de software libre?
Sinceramente non me paro moito a ver iso, nin en software libre nin noutros.
– Contribuíches algunha vez ao desenvolvemento ou mellora dunha ferramenta ou proxecto de software libre, como foi a túa experiencia?
Non como tal, teño unha libraría en R e vou publicar outra.
– Que consello lle darías a alguén que está interesado en comezar a utilizar software libre pero non sabe por onde empezar?
Simplemente que se anime, que rompa a barreira, que non é soamente cousa de frikis.
Podedes ver o resto das entrevistas nesta ligazón.
