Continuamos coa publicación dunha serie de entrevistas e infografías que fixemos a varias persoas da comunidade de software libre, para coñecer as ferramentas que empregan no seu día a día nas súas tarefas habituais, o impacto que tivo o software libre na súa vida, consellos para empezar neste mundo e a súa relación con proxectos libres.

Esta entrevista fixémola a Paola Mondaca:
“Secretaria técnica da asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia dende 2007”
– Cales son as tres ferramentas de software libre que máis utilizas no teu día a día e para que as usas?
Ubuntu é o sistema operativo do meu portátil e dos computadores de casa.
Telegram, medio de comunicación no traballo e persoal.
Libreoffice, sobre todo as follas de cálculo e o editor de textos, para o traballo.
– Que funcionalidades valoras máis ao elixir unha ferramenta de software libre?
Que teña versión en español (para quenes non falamos inglés), que sexa intuitiva e de fácil instalación. Non sei usar a terminal, así que se hai outra maneira, benvida.
– Coñeces algún recurso (web, blog, podcast…) que che fora especialmente útil para aprender máis sobre software libre ou descubrir novas ferramentas?
Softzone, xataka.
– Cres que o software libre tivo un impacto positivo na túa vida profesional ou persoal?
Si. sobre todo no que respecta á privacidade, seguridade e fiabilidade, ademáis da parte económica.
A parte negativa sería que a administración segue sendo pouco accesible para quenes estamos a traballar con Linux.
– Algún proxecto de software libre no que esteas especialmente interesado/a e do que che gustaría compartir información?
Ningún.

– Utilizas algún sistema operativo libre no teu día a día? Cal usas e por que?
Ubuntu. É o sistema co que traballamos na oficina.
– Que desafíos enfrontaches ao adoptar ou utilizar software libre, e como os superaches?
Cando atopo algún fallo, o primeiro que fago é actualizar o sistema, e logo tento buscar en internet pero ao final pregunto ás persoas que coñezo que controlan do tema.
– Que importancia das á privacidade e seguridade ao elixir ferramentas de software libre?
A máxima importancia! Bastante controlados estamos como para seguir dando datos a outros con fins lucrativos ou de uso sopeitoso.
– Contribuíches algunha vez ao desenvolvemento ou mellora dunha ferramenta ou proxecto de software libre, como foi a túa experiencia?
Non.
– Que consello lle darías a alguén que está interesado en comezar a utilizar software libre pero non sabe por onde empezar?
Que pregunte. Seguramente xa o utiliza e non o sabe, e aínda que estea afeita a outras aplicacións, sistemas operativos…, en cuestión de pouco tempo habitúase. Ademais, hai tutoriais dabondo. Sen contar co aforro, xa que non todo o mundo pode permitirse pagar as licenzas, e tamén, a liberdade do control e uso dos mesmos. Ao final, trátase da nosa soberanía dixital.
Podedes ver o resto das entrevistas nesta ligazón.
