Mancomún

Entrevistas a persoas da comunidade de software libre: Patricia Iglesias

Xoves, 21 Novembro 2024
Entrevistas a persoas da comunidade de software libre: Patricia Iglesias

Continuamos coa publicación dunha serie de entrevistas e infografías que fixemos a varias persoas da comunidade de software libre, para coñecer as ferramentas que empregan no seu día a día nas súas tarefas habituais, o impacto que tivo o software libre na súa vida, consellos para empezar neste mundo e a súa relación con proxectos libres.

Patricia Iglesias
Técnica de educación para a transformación social da ONGD Amigas da Terra

Esta entrevista fixémola a Patricia Iglesias:

“Técnica de educación para a transformación social da ONGD Amigas da Terra.”

– Cales son as tres ferramentas de software libre que máis utilizas no teu día a día e para que as usas?

Libreoffice, thunderbird, firefox

– Que funcionalidades valoras máis ao elixir unha ferramenta de software libre?

Se sexa funcional e sinxela de usar, nivel usuaria básica.

– Coñeces algún recurso (web, blog, podcast…) que che fora especialmente útil para aprender máis sobre software libre ou descubrir novas ferramentas?

Teño realizado buscas en interntet pero non teño ningun recurso de referencia. O que máis emprego sen dúbida son as persoas do meu arredor que teñen máis coñecemento ca min

– Cres que o software libre tivo un impacto positivo na túa vida profesional ou persoal?

A nivel político si, por toda a compoñente filosófica que supón poder ter independencia tecnolóxica das grandes corporacións multinacionais e que haxa unha comunidade detrás, ambas as dúas cousas permiten unha redistribución do poder. Ademais dunha accesibilidade máis real da tecnoloxía xa que permite achegar a persoas que non teñen tantos recursos.

xente colaborando

– Algún proxecto de software libre no que esteas especialmente interesado/a e do que che gustaría compartir información?

Os Bancos de Reciclaxe de ESF porque ademais van máis aló do SL ou que non só se limite garantir o acceso de hardware a xente sen recursos (diminución da fenda tecnolóxica) se non que está baseado na reutilización, na liña da electrónica ética.

– Utilizas algún sistema operativo libre no teu día a día? Cal usas e por que?

GNU/Linux porque é o que me recomendaron as persoas “expertas” do meu arredor e eso me asegura que se teño algún problema me poidan asesorar.

– Que desafíos enfrontaches ao adoptar ou utilizar software libre, e como os superaches?

O medo a non saber, ao ser algo non tan mainstream ou coñecido e polo tanto se tes algún problema non sabes a quen acudir. E isto se supera tendo xente ao meu arredor que saiba máis ca min e poder consultar. Se puidera ter un banco de recursos xa sería xenial.

– Que importancia das á privacidade e seguridade ao elixir ferramentas de software libre?

Sendo sinceira non é algo que teña en conta aínda que son consciente de que é moi importante.

– Contribuíches algunha vez ao desenvolvemento ou mellora dunha ferramenta ou proxecto de software libre, como foi a túa experiencia?

Non, teño nivel usuaria e non me considero capacitada.

– Que consello lle darías a alguén que está interesado en comezar a utilizar software libre pero non sabe por onde empezar?

Que se asesore con algunha organización e venza o medo a saír do noso espazo de comodidade porque é moi satisfactorio poder fuxir

Podedes ver o resto das entrevistas nesta ligazón.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal