Mancomún

Entrevistas a persoas da comunidade de software libre – Paula Taibo

Venres, 21 Marzo 2025
Entrevistas a persoas da comunidade de software libre – Paula Taibo

Continuamos coa publicación dunha serie de entrevistas e infografías que fixemos a varias persoas da comunidade de software libre, para coñecer as ferramentas que empregan no seu día a día nas súas tarefas habituais, o impacto que tivo o software libre na súa vida, consellos para empezar neste mundo e a súa relación con proxectos libres.

Paula Taibo
Alumna de Enxeñaría Informática. Secretaria de GPUL.

Esta entrevista fixémola a Paula Taibo:

Son unha alumna de Enxeñaría Informática. Levo usando ferramentas de software libre dende fai uns anos e son a secretaria de GPUL, un grupo universitario que se adica a divulgar o software libre.

“Dende que comecei a usar software libre teño moito máis control sobre o meu ordenador e síntome máis cómoda usándoo. Tamén aprendín moito máis sobre como funciona e como adaptalo á miña forma de traballo.”

Cales son as tres ferramentas de software libre que máis utilizas no teu día a día e para que as usas?

– Anki: flashcards

– Write: facer apuntes a man na miña tablet

– Nvim: editor de texto

Que funcionalidades valoras máis ao elixir unha ferramenta de software libre?

– Que se poda adaptar ás miñas necesidades concretas

– Que sexa privada e segura

– Que teña documentación e soporte

Coñeces algún recurso (web, blog, podcast…) que che fora especialmente útil para aprender máis sobre software libre ou descubrir novas ferramentas?

– alternativeto.io: ten alternativas a moitas apps diferentes e pon se son abertas ou privativas

– itsFOSS: blog de noticias sobre o mundo do software libre.

Cres que o software libre tivo un impacto positivo na túa vida profesional ou persoal?

Sí. Dende que comecei a usalo teño moito máis control sobre o meu ordenador e síntome máis cómoda usándoo. Tamén aprendín moito máis sobre como funciona e como adaptalo á miña forma de traballo.

Algún proxecto de software libre no que esteas especialmente interesado/a e do que che gustaría compartir información?

Non.

xente dialogando

Utilizas algún sistema operativo libre no teu día a día? Cal usas e por que?

Linux Mint Debian Edition. Porque é un sistema operativo de código libre que me permite moito control sobre o meu ordenador e é fácilmente configurable para que se adapte ás miñas preferencias.

Que desafíos enfrontaches ao adoptar ou utilizar software libre, e como os superaches?

Dependendo de qué ferramentas utilices ás veces tes que cacharrear un pouco para que funcionen correctamente. Sen embargo, as solucións tenden a atoparse fácilmente na web.

Que importancia das á privacidade e seguridade ao elixir ferramentas de software libre?

Moita, paréceme un dereito básico. A parte boa é que moitas destas ferramentas xa teñen en conta estos dous apartados e non tes que fiarte da palabra dos desarrolladores xa que o código é público e calquera pode ir a ver que efectivamente todo funciona como din.

Contribuíches algunha vez ao desenvolvemento ou mellora dunha ferramenta ou proxecto de software libre, como foi a túa experiencia?

Non, todavía non.

Que consello lle darías a alguén que está interesado en comezar a utilizar software libre pero non sabe por onde empezar?

Comezar por buscar alternativas libres ás ferramentas novas, que aínda vaias comezar a usar. Para as que xa estás usando, o máis cómodo é ir cambiando pouco a pouco. Buscas alternativas, próbaas un tempo e cando atopas unha que che guste comezas a mudar a ela.

Podedes ver o resto das entrevistas nesta ligazón.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal