Mancomún

Firefox 128 mellora as opcións de tradución

Mércores, 17 Xullo 2024
Firefox 128 mellora as opcións de tradución

Nova versión do navegador web de Mozilla, Firefox 128. Chega con novidades na tradución e un diálogo simplificado para a limpeza dos datos de usuario.

logo de Firefox

Novidades de Mozilla Firefox 128

– Posibilidade de seleccionar texto e traducilo a outros idiomas a través do menú contextual.

opcións de traducción

– Simplificación do diálogo que permite borrar os datos de usuario.

A Fundación Mozilla explicou que:

“ademais de optimizar as categorías de datos, o novo cadro de diálogo tamén proporciona información sobre o tamaño dos datos do sitio correspondente ao rango de tempo seleccionado”

opcións de limpeza de datos

– Firefox 128 é capaz de reproducir contidos protexidos con DRM, como os servidos a través de Netflix, dende o modo de navegación privada.

– Soporte da API experimental de atribución de preservación da privacidade (Privacy Preserving Attribution).

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal