Algúns dos principais cambios que chegarán á contorna KDE ao longo do ano 2021:
Wayland, o protocolo de servidor gráfico é un dos futuros do escritorio GNU/Linux. Neste 2021 buscarase ofrecer unha sesión de Plasma con Wayland lista para produción.
Outros obxectivos do proxecto KDE inclúen: a implementación do soporte de impresións dixitais, a mellora do texto en Konsole e un par de cambios estéticos (evolución de Breeze e Kickoff).
