Mancomún

Galegos na FOSDEM

Luns, 17 Marzo 2025
Galegos na FOSDEM

Desde fai 25 anos celébrase puntualmente en Bruxelas a FOSDEM, un evento que xira entorno á difusión de proxectos de código aberto (Open Source) e que reúne a máis de 8000 persoas que participan 1000 charlas do máis variado.

Galegos na Fosdem

Este ano volveu a contar coa participación de varios desenvolvedores galegos e na Industriosa propuxémonos xuntalos para dar a coñecer o traballo que están facendo desde a nosa comunidade con impacto, en moitos casos, a nivel global.

Nesta xornada participarán:

– José María Casanova (Igalia) que contará o traballo que fan para optimizar o motor de gráficos da Raspberry Pi.

– David de la Iglesia (Mozilla) que falará de Blueprint, unha ferramenta para desenvolver IA de código aberto.

– Sam Thursfield (Codethink) que explicará os procesos de testing automatizado empregados na distribucións Linux.

– Santiago Saavedra (GPUL A Coruña) que amosará o seu proxecto para desenvolver un cargador intelixente para vehículos eléctricos.

– Xabier Crespo (SC Robotics) que tratará o impacto das novas linguaxes de programación nos sistemas con menos recursos.

Estas charlas terán lugar o vindeiro sábado 22 de marzo entre as 10:00 e as 13:00 no local da asociación na rúa Gregorio Espino, 38, entreplanta 3, 36205 Vigo, Pontevedra.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Máis información e inscrición:
https://www.meetup.com/aindustriosa/events/306579139/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal