Resultados da sétima edición de Wiki Loves Earth en España (concurso fotográfico para quen ama os espazos naturais). A competición, organizada por Wikimedia España, tivo lugar co apoio do Organismo Autónomo de Parques Nacionais e EUROPARC España.
Todas as imaxes que participaron no concurso poden utilizarse a partir de agora para ilustrar os contidos de Wikipedia e noutras plataformas.
Liberáronse nesta edición máis de 1300 imaxes sobre espazos naturais protexidos en España, participando un total de 116 persoas, e impulsando o coñecemento da biodiversidade, as paisaxes e os espazos naturais.
Primeiro premio Wiki Loves Earth 2021: Lagos de Covadonga nos Picos de Europa

Imaxe de Jose Manuel Garcia, CC BY-SA 4.0, via Wikimedia Commons
O resto de imaxes finalistas e gañadoras (10 en total) pasan á fase internacional de Wiki Loves Earth.
Podedes ver o resto de imaxes finalistas e máis información sobre o concurso nesta ligazón.
