Mancomún

GIMP 3.0 quenta motores

Mércores, 20 Novembro 2024
GIMP 3.0 quenta motores

GIMP lanzou o primeiro candidato para o esperado GIMP 3.0, nova versión que trae grandes novidades. Este lanzamento RC (Release Candidate) busca que a comunidade teste o programa para atopar posibles erros antes de lanzar a versión final. Se só se detectan pequenos erros, poderanse corrixir rapidamente e lanzar a versión final; pero se hai problemas máis graves, poderá ser necesario un segundo candidato para esta versión.

Gimp
imaxe dun bosque e unha ponte

Novidades principais

– Novo icono de Wilber e pantalla de benvida: Creouse un novo logo para actualizar o estilo visual, e tamén se introduciu unha nova pantalla de inicio.

– Mellora na xestión de espazos de cor: Agora GIMP permite unha mellor xestión de cor e é compatible cos ficheiros antigos, garantindo que se vexan igual que nas versións anteriores.

– API pública finalizada: A API para desenvolvedores de complementos e scripts xa está estabilizada, o que permite comezar a adaptación de scripts antigos á nova versión.

– Edición non destrutiva: Melloras no filtro non destrutivo, permitindo opcións para aplicar filtros de xeito reversible ou destructivo.

– Actualizacións na interface de usuario: Restablecéronse funcionalidades como o desprazamento con roda de rato nos diálogos, e adaptáronse animacións para mellorar a accesibilidade.

– Compatibilidade mellorada para formatos BMP e TIFF: Agora pódense importar imaxes BMP de 64 bits e soportar capas de ficheiros TIFF creados por outros programas.

O equipo de GIMP planea lanzar actualizacións máis pequenas e frecuentes, para evitar períodos longos entre grandes versións. Isto permitirá probar e estabilizar mellor cada nova funcionalidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal