Lanzado GNOME 40.2, que chega con varias melloras.
Novidades destacadas: melloras na integración táctil, melloras ao compartir a pantalla, mellorada a autenticación da pegada dactilar, mellorado o rendemento durante a transición da luz nocturna nas GPUs NVIDIA e centro de software con mellor soporte para aplicacións Flatpak, entre outras melloras e correccións de erros.
