GNOME 44 foi publicado cunha gran cantidade de cambios.
Novidades: vista de reixa para o selector de arquivos. Actualización de varias das seccións da Configuración. A sección de Accesibilidade foi redeseñada.

O control do nivel do volume agora está nunha xanela separada, novos indicadores de volume e mellor presentación dos dispositivos. Nova función que permite ver as aplicacións que se executan en segundo plano. A tenda de aplicacións é máis rápida e suave.
É posible compartir o contrasinal da Wifi cun código QR. O soporte de Wayland mellora a estabilidade, incluíndo soporte de escalado fraccional nativo, entre outras.
