Mancomún

Godot 4.3 mellora o soporte da realidade extendida

Xoves, 29 Agosto 2024
Godot 4.3 mellora o soporte da realidade extendida

Na nova versión 4.3 do motor libre para entornos e videoxogos Godot, introducíronse varias melloras importantes no soporte de realidade estendida (XR), entre outras.

captura da portada de godot

Unha das principais melloras é a optimización da reprodución de contidos 2D, que agora se amosan con menos borrosidade grazas a que o nodo OpenXRCompositionLayer pode forzar ao compositor de XR a renderizar directamente na ventá gráfica.

Ademais, engadiuse a capacidade de incorporar anclaxes espaciais, o que permite aos cascos de Meta rastrexar e lembrar estes puntos durante as sesións de XR. Outra novidade é o soporte para o Meta XR Simulator en sistemas operativos Windows e macOS, facilitando o desenvolvemento e proba de aplicacións de realidade estendida.

Por último, mellorouse o seguimento estandarizado de caras, mans e corpo, o que contribúe a unha maior precisión e realismo nas interaccións dentro das experiencias de XR creadas con Godot.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal