Mancomún

GPUL School – Abandona Clion ¿Por qué Vim é a mellor forma de editar texto?

Martes, 12 Abril 2022
GPUL School – Abandona Clion ¿Por qué Vim é a mellor forma de editar texto?

O martes 19 de abril, en horario de 18.30 a 20.00 horas, terá lugar na Facultade de Informática da UDC a charla de GPUL School, “Abandona Clion ¿Por qué Vim é a mellor forma de editar texto?

Todos estamos acostumados a editar texto, xa sexa en Word, no bloc de notas ou nun IDE como CLion. Pero, algunha vez preguntaches se hai unha forma mellor de facelo? Tal vez Vim sexa a resposta.

Nesta presentación aprenderemos como editar texto con Vim, a edición de texto modal e como isto pódese trasladar á nosa forma de usar os ordenadores. Dende o máis básico ata como substituír por completo o teu entorno de desenvolvemento.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal