Mancomún

GPUL School – Docker 101 Workshop

Luns, 12 Decembro 2022

O próximo martes 13 de decembro, en horario de 18.45 ata 20.45, terá lugar un obradoiro sobre Docker na Facultade de Informática de A Coruña, organizado pola xente de GPUL. Aprende Docker. Entender o que é unha imaxe, crear os teus propios contedores, executalos, depuralos e tamén algún exemplo de escenarios mais complexos.

cartel

Docker

Docker é un proxecto de código aberto que automatiza o despregamento de aplicacións dentro de contedores de software, proporcionando unha capa adicional de abstracción. Neste obradoiro aprenderás o seu uso máis básico.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal