Temos o pracer de anunciar que xa está habilitado no portal de Mancomún o botón para subscribirse ao noso boletín sobre software libre.
A partir de agora, todos os interesados en manterse ao día sobre as últimas novidades e recursos no ámbito do software libre e da cultura libre poderán recibir información directamente no seu correo.
O noso boletín incluirá contidos variados e relevantes, que abarcarán unha ampla gama de temas, como son:
– Eventos. Información sobre cursos, obradoiros, conferencias, charlas e xornadas relacionadas co software libre.
– Mancomún Podcast. Episodios sobre diversos temas de interese para a nosa comunidade.
– Artigos TIC. Análise sobre ferramentas libres para empresas e proxectos libres relacionados coa IA.
– Vídeos sobre ferramentas libres. Tutoriais e demostracións de software libre en acción.
– Entrevistas a membros da comunidade de software libre.
– Hardware libre. Novidades e recursos sobre dispositivos e sistemas abertos.
– Noticias relacionadas coa administración. Actualizacións sobre políticas e iniciativas relacionadas co software libre.
– Novas sobre o sector empresarial. Casos de éxito e innovación no uso de software libre na empresa.
Non deixes pasar a oportunidade de recibir toda esta información de primeira man.

Simplemente preme no botón de subscrición que atoparás no pé do portal de Mancomún.
Únete a nós e colabora na difusión do software libre.
 
					 
		 
			
 
			 
				