Únete ao hackatón de CuacFM sobre o proxecto Radioco o próximo sábado 30 de novembro e colabora na mellora dun proxecto open source que dá soporte á radio comunitaria da Coruña.

Radioco é unha ferramenta feita en Python co framework Django que podería ser adoptada por radios comunitarias de todo o mundo, ¡e ti podes contribuír a facelo aínda mellor!
Sexas desenvolvedor, deseñador ou simplemente sintas curiosidade, ¡este evento é para ti!
Durante o hackatón, equipos e participantes individuais traballarán para mellorar Radioco. Teremos algúns issues creados, desde algúns sinxelos ata retos máis complicados, e ao final do día un xurado avaliará o traballo realizado.
Os mellores proxectos levarán premios valorados en máis de 600 €!
Detalles
📅 Data: Sábado, 30 de novembro
🕒 Horario: 10:00 a 20:30 (Ágora pecha de 14:00 a 16:00)
📍 Localización: Centro Ágora, A Coruña
💻 Participación: Aberto a todos, desde entusiastas ata curiosos
🎁 Premios: Valorados en máis de 600 €
🍽 Xantar: Raxería As Neves (opcional, achega de 3 €) Reserva o teu xantar neste enlace
O proxecto Radioco
Github: github.com/iago1460/django-radio
Web: radioco.org
Xantar Opcional
O evento faise no Ágora, que pecha de 14:00 a 16:00h. Para quen queira, organizaremos un xantar no restaurante Raxería As Neves. Para asegurar o número de persoas que quedarán a xantar e facer unha reserva o máis real posible, pedimos unha achega de 3 € aos interesados en quedarse. O xantar estará limitado a un máximo de 30 persoas.
Se decides quedar a xantar, ademais de anotarte en Meetup podes coller o teu ticket de comida no seguinte enlace:
¡Non perdas a oportunidade de formar parte dun proxecto que apoia unha comunidade real e sen ánimo de lucro!
 
					 
		 
			
 
			 
				