O hackathon universitario HackUDC, terá lugar en febreiro de 2024 na Facultade de Informática da Universidade de Coruña, co obxectivo de que os estudantes poidan mellorar e aprender novas habilidades de programación baixo licenzas libres. Esperan aumentar a participación do ano anterior, superando os 130 participantes nesta próxima edición.

GPUL comentou:
“O ano pasado o evento repercutiu finalmente en moitas das empresas patrocinadoras, con preto do 10% dos participantes comezando prácticas ou emprego nestas compañías. Este ano esperamos superar ese éxito. Será unha boa oportunidade para aprender novas tecnoloxías, coñecer xente interesante e sobre todo pasalo en grande”.

Este hackathon será un evento onde se mesturarán a creatividade, a tecnoloxía e a xente apaixonada pola informática con aptitudes diversas. Os participantes traballarán en equipo para desenvolver diferentes proxectos e retos.
Máis de 1000€ en premios para os mellores proxectos. Valorarase a calidade técnica dos proxectos, a creatividade e a orixinalidade deles.
