Mancomún

Imaxes gañadoras de Wiki Loves Earth 2022 en España

Mércores, 20 Xullo 2022
Imaxes gañadoras de Wiki Loves Earth 2022 en España

Resultados da edición española 2022 de Wiki Loves Earth, concurso de fotografía para wikipedistas, amantes da fotografía e activistas ambientais (celebrado entre o 1 e o 31 de maio) co apoio de EUROPARC España.

Resultados

Nesta oitava edición do concurso liberáronse 1500 imaxes de espazos catalogados como Zona Especial de Conservación, pertencentes á Rede Natura 2000. Todas esas imaxes están dispoñibles para consulta, descarga ou reutilización en Wikipedia a través do repositorio libre Wikimedia Commons.

O xurado de Wiki Loves Earth 2022, seleccionou as tres imaxes que se fan co primeiro, segundo e terceiro posto (e que recibirán un premio) e un total de 10 imaxes finalistas que pasan á fase internacional do concurso.

Primeiro premio: Parque Nacional do Teide

Imaxe de Pablosievert, CC BY-SA 4.0, via Wikimedia Commons

Segundo premio: Parque Nacional do Teide en invierno

Imaxe de Karen Rodríguez Báez, CC BY-SA 4.0, via Wikimedia Commons

Tercer premio: Voitre leonado na Serra do Moncayo

Imaxe de Diego Delso, CC BY-SA 4.0, via Wikimedia Commons

Se queredes ver o resto de imaxes finalistas:
https://www.wikimedia.es/2022/07/04/anunciamos-las-imagenes-ganadoras-de-wiki-loves-earth-2022-en-espana/

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal