A aula CeMIT de Ponteareas organiza o curso, en modalidade a distancia, de “Iniciación ao retoque fotográfico con GIMP” cun total de 8 horas/mes.
As clases terán lugar os martes e mércores do 16 ao 24 de febreiro de 19:30 e as 20:30.
GIMP

GIMP é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits multiplataforma (GNU/Linux, Microsoft Windows e macOS), co que se pode traballar tanto con debuxos como con fotografías. É un programa de software libre e gratuíto. Está dispoñible baixo a licenza GPL e a GNU Lesser General Public License. A interface de GIMP está dispoñible en varios idiomas, incluídos o galego e o español, entre outros.
GIMP ten ferramentas que se utilizan tanto para o retoque coma para a edición de imaxes e debuxos.

Inscrición
Para realizar a inscrición as persoas interesadas deberán contactar a través de chamada ou de mensaxe de whatsapp no número de teléfono 634 238 962.
Ademais poderán contactar coa aula CEMIT de Ponteareas a través do enderezo electrónico cemit.ponteareas@xunta.gal
