Inkscape 1.2.2, nova versión do editor de gráficos libre e multiplataforma.
Novidades: a importación de OpenClipart funciona en AppImage, as extensións de cor volven funcionar nos patróns.

En macOS, a corrección ortográfica agora funciona e as opcións desfacer/refacer están de volta no menú. En GNU/Linux, xa non é posible instalar o paquete snap coa opción –classic.
Varias correccións á exportación DXF14. A exportación TIFF agora admite transparencias. O atributo DPI consérvase para a exportación de rasterizados JPG e TIFF. Corrección dos permisos de arquivos PNG en GNU/Linux, entre outras.
