Mancomún

Introdución a InnerSource: Segundo webminar

Luns, 15 Xullo 2024
Introdución a InnerSource: Segundo webminar

O xoves 18 de xullo, terá lugar o segundo webminar introdutorio a Inner Source. A cargo de Daniel Izquierdo, actual presidente da InnerSource Commons Foundation, veremos outros aspectos clave a ter en conta á hora de implantar os conceptos de Inner Source na nosa empresa ou organización.

Data e hora: 18 de Xullo ás 10:00 horas

Duración: 1 hora aproximádamente

Sala: Faladoiro de Mancomún

Inscrición

É necesaria facer a inscrición previa, a través deste formulario.

Este webminar é a continuación do que se celebrou o mes pasado, en formato en liña.

Vídeo do primeiro webminar

Sobre Inner Source

Pódese definir o concepto Inner Source como a aplicación das mellores prácticas de desenvolvemento de software, que se dan nos proxectos de software libre, ao ámbito interno dunha organización. O software resultante de cara a fora pode ser software libre ou seguir sendo software privativo, pero dentro dos límites internos da organización os procesos de desenvolvemento son abertos, seguindo a filosofía dos proxectos de software libre.

2 persoas colaborando nun entorno de traballo

O principal motivo para adoptar estas prácticas é que está altamente contrastado que o modelo de desenvolvemento do software libre facilita a innovación e a alta calidade no software. Son numerosos os exemplos de entidades de todo tipo que xa adoptaron esta iniciativa con excelentes resultados, empresas tecnolóxicas, entidades bancarias, empresas do sector da automoción ou grandes multinacionais de sectores non tecnolóxicos pero que desenvolven o seu propio software.

Cursos en liña sobre Inner Source

Xa están dispoñibles dous cursos a través da plataforma de formación en liña do CeMIT:

Modelos de InnerSource para PEMEs

Xestión de Proxectos InnerSource

É necesario dispoñer dunha conta na plataforma en liña do CeMIT para poder acceder aos cursos, pódese solicitar a través deste formulario.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal