Esta versión inclúe máis de 70 correccións de erros con respecto a LibreOffice 24.2.4, para mellorar a estabilidade e a robustez do software, así como a interoperabilidade con formatos de documentos herdados e propietarios.

LibreOffice é unha suite ofimática que ofrece unha gran variedade de opcións de interface para adaptarse a todos os usuarios, aproveita ao máximo as diferentes formas de pantalla optimizando o espazo dispoñible no escritorio.
Para despregamentos a nivel empresarial, TDF recomenda a familia de aplicacións LibreOffice Enterprise dos socios do ecosistema – para escritorio, móbil e nube – cunha gama de características adicionais, soporte a longo prazo e outros beneficios:
www.libreoffice.org/download/libreoffice-in-business/
Cada liña de código desenvolvida polas empresas do ecosistema para clientes empresariais compártese coa comunidade no repositorio principal de código e contribúe á mellora da plataforma tecnolóxica de LibreOffice.
Máis información:
https://blog.documentfoundation.org/blog/2024/07/11/libreoffice-24-2-5/
