Mancomún

“LibreOffice Expert 2024-2025” dispoñibles para escolas e comunidades locais

Mércores, 16 Outubro 2024
“LibreOffice Expert 2024-2025” dispoñibles para escolas e comunidades locais

Linux New Media lanzou unha versión actualizada da súa revista “LibreOffice Expert”, que contén titoriais, consellos e trucos sobre a suite ofimática LibreOffice.

As revistas veñen con DVDs que inclúen LibreOffice para GNU/Linux, Windows e macOS, ademais de modelos extra, extensións, vídeos e guías.

revistas de LibreOffice Expert, encima dunha mesa

The Document Foundation conta con exemplares para regalar, para escolas, universidades e comunidades locais. Idealmente estas revistas están pensadas para lugares onde non sempre hai conexión a internet, para que os usuarios poidan aproveitar ao máximo os DVDs.

Así que, se podes axudar a distribuír estas revistas, envía unha mensaxe á The Document Foundation.

Ten en conta que só poden enviar un máximo de cinco exemplares a cada lugar, para que moita xente poida ter unha oportunidade. Cando contactes, inclúe esta información (as solicitudes que non a inclúan non poderán ser atendidas):

– Que queres facer coas revistas

– Cantas queres

– O enderezo ao que debemos envialas

Máis información:
https://blog.documentfoundation.org/blog/2024/09/03/new-libreoffice-expert-2024-2025-magazines-available-for-schools-and-local-communities/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal