Mancomún

LibreOffice terá HUD en breve

Mércores, 19 Maio 2021
LibreOffice terá HUD en breve

A próxima versión de LibreOffice contará con HUD (Head-Up Display) ou tamén coñecido como Command Popup, unha ventá emerxente que permite buscar os comandos presentes no menú principal e executalos. Poderemos filtrar rapidamente as opcións da aplicación aberta sen ter que acceder aos menús, unha gran axuda para axilizar o traballo.

LibreOffice 7.2 será a primeira versión en contar con este HUD ou Command Popup, de maneira limitada nun principio.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal