Mancomún

Linux Mint 21.1

Martes, 27 Decembro 2022

Dispoñible Linux Mint 21.1, nova versión dunha das distribucións máis coñecidas de GNU/Linux. Linux Mint prescinde da Snap Store de Canonical e das súas aplicacións autocontidas.

Novidades: kernel Linux 5.15, pila gráfica Mesa 22, servidor de son PulseAudio 16 e PipeWire. O soporte de Flatpak inclúese por defecto e o de Snap pódese engadir a man. Chega con 3 contornas de escritorio: Cinnamon, MATE e Xfce. Novo tema visual por defecto.

Cambia o tema do cursor e o tema de son, que adopta o propio de Android, Material Design V2. Novo xestor de controladores, que agora pode funcionar sen conexión. Melloras na utilidade de creación de imaxes de instalación en USB, con sistema de verificación e con soporte para imaxes de Windows, entre outras.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal