O proxecto de software libre OpenTESArena, motor gráfico que están a desenvolver para poder executar o videoxogo clásico The Elder Scrolls: Arena, publicou a versión 0.15. Esta nova versión inclúe novidades importantes, como un novo motor de renderizado e varias correccións de erros.

A nova versión mellora o motor gráfico para que se asemelle máis ao aspecto do xogo orixinal. O renderizador agora tamén utiliza mallas, sombreadores e chamadas que normalmente se atopan nun motor OpenGL ou Vulkan.
Novas características e cambios
– Novo renderizador de software 3D
– Aseméllase moito á iluminación de 256 cores do xogo orixinal
– Mellora na detección dos ficheiros de datos de Arena
– Engadida opción de pantalla completa exclusiva
– Engadida opción de corrección de píxeles altos
– Traballo inicial nos atributos do xogador
– Mellora no gardado de capturas de pantalla
– Cambio menor no movemento do xogador para coincidir co xogo orixinal
– Soporte para ARM64 en macOS
– Substituída a opción de depuración de colisión por un modo fantasma que permite voar
– Substituída a configuración de compilación DebugFast por ReleaseGenericNoLTO
– Eliminada a opción de escala de tempo
Correccións
– Corrixida a cor da néboa en Elden Grove e Murkwood
– Corrixida a voz de Ria Silmane que non continuaba na versión CD
– Corrixida a textura de substitución do chan
– Actualizado a SDL 2.0.10 para corrixir o lag periódico
