Mancomún

NeoChat 1.0, cliente de Matrix creado por KDE

Luns, 4 Xaneiro 2021
NeoChat 1.0, cliente de Matrix creado por KDE

Matrix (protocolo de comunicacións que ofrece unha infraestrutura para chat,VoIP e videoconferencias aberta e descentralizada) conta cun novo cliente para o seu uso, NeoChat (da man do proxecto KDE).

NeoChat ten a intención de ser unha das aplicacións principais en Plasma Mobile ao vir instalada por defecto no PinePhone KDE Community Edition. Contará tamén, cunha versión para Android. Con NeoChat poderemos enviar mensaxes de texto, subir ficheiros (imaxes, son e vídeo), convidar a persoas a unha sala virtual, conversacións privadas, crear novas salas e explorar salas públicas.

De momento a aplicación non conta con soporte de cifrado, videochamadas, nin integración co resto de aplicacións de KDE, pero incluiranse en futuras versións.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal