Mancomún

Nextcloud Hub 10

Xoves, 6 Marzo 2025
Nextcloud Hub 10

Nextcloud Hub 10 chega como unha solución dixital integrada pero modular, deseñada para devolver o control ás persoas usuarias, garantindo seguridade, privacidade e eficiencia na colaboración. Esta versión mellora significativamente o rendemento e a estabilidade, introduce un asistente persoal para axudar na xestión de tarefas e automatiza fluxos de traballo, especialmente orientados á administración pública e ás empresas.

captura do dashboard

A clave de Nextcloud Hub 10 está na súa capacidade para interconectar aplicacións e crear unha contorna de traballo unificada. Nextcloud Files intégrase con Nextcloud Office para unha xestión de documentos eficiente, mentres que Nextcloud Talk permite organizar reunións directamente desde as conversas, vinculándose con Nextcloud Calendar. Ademais, Nextcloud Deck facilita a planificación de tarefas e prazos de entrega.

captura de Files

Entre as novidades destacadas atópanse os widgets do Dashboard, que permiten visualizar correos, eventos e conversas importantes dun vistazo, así como o widget de ficheiros favoritos para acceder rapidamente aos documentos máis usados. Tamén se simplifica a xestión de equipos con Nextcloud Teams, que introduce os cartafoles de equipo, substituíndo os antigos Groupfolders e permitindo unha administración máis flexible dos recursos compartidos. Ademais, o Smart Picker mellora a produtividade ao permitir inserir modelos de texto en calquera parte da plataforma cun só clic.

Nextcloud Hub 10 tamén aposta pola innovación con melloras na AppAPI, que facilita a integración de aplicacións externas, ampliando as posibilidades da plataforma con funcións avanzadas como a aprendizaxe automática e a interoperabilidade con hardware externo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal