Mancomún

Número 120 – Boletín de Software Libre na Administración – Xullo 2024

Mércores, 24 Xullo 2024
Número 120 – Boletín de Software Libre na Administración – Xullo 2024
Portada do boletín de software libre para administración - xullo
Typo3

Novas

  • Preservando o estoniano con software libre [Ler máis]
  • Software libre para a conservación de arte [Ler máis]
  • Entrevistas a persoas da comunidade de software libre: María José Ginzo [Ler máis]
  • Entrevistas a persoas da comunidade de software libre: Sergio Fernández [Ler máis]
  • Colaboracións coa OSPO francesa [Ler máis]
  • Entur, organización pública de transporte que emprega software libre [Ler máis]
  • Hermine, formulación de políticas de Software Libre [Ler máis]
  • Carballo, primer gran modelo de linguaxe para o galego [Ler máis]

Proxecto destacado

TYPO3 CMS é un Sistema de Xestión de Contidos Empresarial de software libre cunha gran comunidade global, respaldado por 900 membros da Asociación TYPO3.

Algunhas das súas características son: Software libre e de código aberto, pensado para crear sitios web, intranets e aplicacións en liña, tanto para sitios pequenos ata corporacións multinacionais, completo e fiable, con verdadeira escalabilidade.

Caso de éxito

Suíza promulgou a “Lei Federal sobre o Uso de Medios Electrónicos para o Cumprimento das Tarefas Gobernamentais” (EMBAG), establecendo un requisito obrigatorio para o software de código aberto dentro dos organismos do sector público. Este cambio lexislativo, supón un cambio de paradigma na forma en que se aborda o desenvolvemento e a adquisición de software gubernamental.

A nova lei suiza de “diñeiro público, código público” é unha gran oportunidade para o goberno, a industria tecnolóxica e a sociedade. Todos os interesados benefícianse desta nova regulación xa que o sector público pode reducir a dependencia de provedores, as empresas poden desenvolver as súas solucións dixitais e os contribuíntes gastan menos en solucións informáticas e reciben mellores servizos grazas ao aumento da competencia e a innovación. Espérase que a implementación da EMBAG sirva de modelo para outros países que consideren medidas similares.

Formación e eventos

  • Tecnoloxías disruptivas na aula CeMIT de Tomiño [Ler máis]
  • Obradoiro “Son de alta resolución en sistemas GNU/Linux”, na Industriosa [Ler máis]
  • Mancomún podcast – PyConEs Vigo 2024 [Ler máis]
  • Mancomún podcast – Modelos libres de IA, con César García de “La hora Maker” [Ler máis]

Segue a…


Conta de Twitter do Grupo Parlamentario para a Sustentabilidade Dixital (Parlamentarische Gruppe Digitale Nachhaltigkeit).

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal