Novas
- Pílula sobre revelado de imaxes RAW con Darktable
[Ler máis…] - Reedición do manual “Construción de prototipos con Arduino” de Amigus Labs
[Ler máis…] - Igalia contribúe á tecnoloxía da Steam Deck
[Ler máis…] - UCIe, estándar aberto para chiplets
[Ler máis…] - O Departamento de Defensa dos Estados Unidos prefire o software libre ás solucións propietarias
[Ler máis…] - #Mancomún Podcast: 79 – Primeiro especial sobre Hardware libre
[Ler máis…] - Wolvic, navegador de software libre para xogos, vídeos e contornas de realidade extendida
[Ler máis…] - Versión mellorada da aplicación oficial para a administración escolar en Estocolmo
[Ler máis…] - Proxecto piloto do Parlamento Europeo anima a tratar o software libre como un activo valioso
[Ler máis…] - #Mancomún Podcast: 78 – Reciclaxe e reutilización electrónica con software libre en Vigo
[Ler máis…]
Formación e eventos
- Evento de comunidade: Quedada OSM Burgos 2022
- Curso CeMIT: Cursos de ofimática na aula CeMIT de Ames
- Hackatón: Hackathon NexGov
Caso de éxito
A solución GLPi conta con múltiplos casos de éxito tanto en administracións públicas coma en empresas de diversos sectores. A implementación que ocupa este boletín é a do Ministerio de Ciencia e Innovación de España, que conta con máis de 250 empregados e oficinas en varias localizacións, cuestións que supuxo a necesidade de contar con un sistema que axudase na xestión do parque de infraestrutura TIC.
Dende o Ministerio declaran que utilizan GLPi como ferramenta principal de Helpdesk no seu CAU (Centro de Atención ao Usuario). Dende ela poden xestionar as incidencias e peticións dos usuarios, así como inventariar e administrar computadoras, monitores, hardware de rede, etc. Fontes do Ministerio destacan a solución como unha ferramenta robusta e flexible que lles permite realizar integracións e extensións das súas funcionalidades mediante os complementos.
Proxecto destacado
GLPI é un sistema para a xestión de parque informático de software libre, o nome ven do francés (Gestionnaire Libre de Parc Informatique). O proxecto está programado na linguaxe PHP e baixo a licenza GPLv2, comezou no ano 2003 da man da asociación francesa INDEPNET como proxecto comunitario e a día de hoxe o proxecto xestiónao a empresa Teclib, que ademais ofrece servizos de subscrición para soporte técnico, plugins adicionais, etc.
Mediante esta solución é posible realizar a xestión e o inventario dos sistemas de información de toda unha empresa ou institución pública. Con ela pode manexarse dende computadoras, software, tarxetas SIM, hardware de redes, impresoras e cartuchos… GLPI tamén conta con outras características que axudan ao persoal de administración de sistemas a cumprir coas boas prácticas da ITIL como a ferramenta de centro de atención a usuarios, utilidades de xestión de proxectos, xestión documental…
Segue a…
Antonio Larrosa Jimenez (@antlarr)
Desenvolvedor de software libre na comunidade KDE e Enxeñeiro de SUSE
