- O evento esLibre celebrarase por terceiro ano consecutivo os próximos venres 25 e sábado 26 de xuño.
- Nesta ocasión e ao igual que o ano pasado trátase dunha edición en liña debido á situación pandémica.
- A conferencia poderá seguirse a través da solución de software libre BigBlueButton.
O Congreso esLibre trátase dun evento organizado por e para a comunidade do software libre española onde terá lugar diversas actividades arredor do software, hardware e cultura libre.
O programa do evento conta con varias pistas e salas distintas, tanto as coordinadas directamente pola organización do congreso como por parte doutras entidades. As salas coas que conta a edición de 2021 son:
- esLibre 2021: Actividades propias da sala xenérica do congreso.
- Aλhambra Day: Son unha serie de charlas relacionadas coa programación funcional dende as que se pretende dar a coñecer este tipo de programación.
- “Derechos Digitales y Privacidad en Internet + Soberanía Digital en las Aulas (Fuera Google)”: Unha sala onde os temas a tratar son os relacionados coa Soberanía tecnolóxica, privacidade e anonimato na rede, dende a óptica das tecnoloxías libres.
- “Desarrollo de videojuegos con Godot”: Nesta sala trataranse temas relacionados co desenvolvemento de videoxogos utilizando o motor libre Godot.
- “EWOK: Education With Open Knowledge”: Unha sala na que falaran de diversas plataformas e solucións de software, hardware e coñecemento libre con aplicacións na educación.

Dentro de todas as salas terán lugar diversos tipos de actividades como sesións plenarias, charlas técnicas, obradoiros, espazos de debate, presentacións de proxectos… e como non podía ser doutro xeito tamén haberá algunha actividade máis lúdica para facer comunidade. O programa completo do evento pode verse nesta ligazón dende onde se poderá acceder á plataforma dende onde se pode asistir ás actividades e tamén descargar as diapositivas e demais material das presentacións.
A edición do presente ano está organizada pola asociación LibreLabUCM, aínda que outras entidades (Interferencias, LibreLabGRX, OfiLibre URJC, Wikimedia España, GALPon, HackMadrid) ou mesmo persoas de xeito individual tamén colaboraron na organización do evento.
Máis información na páxina web do evento.
