O sábado 18 de decembro, entre as 10.00 e as 13.00 horas, terá lugar o “Obradoiro de iniciación á soldadura electrónica” organizado pola Industriosa no seu propio local, na rúa Barcelona 13 en Vigo.
Iniciación á soldadura electrónica

A última vez que intentaches soldar algo liáchela parda e non volviches intentalo?, nunca o intentaches porque pensas que é perigoso ou complicado? Este obradoiro é para ti!
Miguel Gesteiro e Luis Miranda comentarán os aspectos básicos e aprenderemos a soldar compoñentes de furado pasante de forma práctica. Se tes algo que necesite ser soldado e que está collendo po porque non te atreviches a poñerte con elo, tráeo!
Prezo do obradoiro:
– Socios de A Industriosa: Gratuíto
– Non socios: 10€
