Mancomún

Obradoiro “Son de alta resolución en sistemas GNU/Linux”, na Industriosa

Luns, 8 Xullo 2024
Obradoiro “Son de alta resolución en sistemas GNU/Linux”, na Industriosa

O vindeiro sábado 13 de xullo, de 11.00 a 13.30 horas, aprenderemos na Industriosa os conceptos básicos para poder sacar proveito ao son de alta resolución en sistemas GNU/Linux, consellos tanto no uso de certo hardware como de configuracións de software e de ecualización da nosa sala de escoita.

Cartel do Obradoiro "Son de alta resolución en sistemas GNU/Linux", na Industriosa

Tamén aprenderemos a usar Audacity para analizar arquivos de música e a optimizar varias ferramentas libres para reproducir arquivos Hi-Res.

Jorge Lama é membro de varios colectivos relacionados co mundo do software e a cultura libre, leva máis de 10 anos producindo podcast, polo que ten coñecemento en temas de gravación e edición de son, así como de micrófonos, interfaces de son, altofalantes e outro tipo de cacharros (amplificadores, ecualizadores, crossovers…).

Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita neste meetup.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal