Mancomún

Os procesadores RISC-V xa poden usar Android

Xoves, 11 Febreiro 2021
Os procesadores RISC-V xa poden usar Android

A empresa T-Head deu a coñecer os resultados da migración da plataforma Android 10 a placas equipadas con procesadores RISC-V. RISC-V permite crear SoC e procesadores completamente abertos. Proporciona un sistema de instrucións de máquina aberto e flexible que lle permite crear microprocesadores para aplicacións arbitrarias sen requirir regalías ou impoñer condicións de uso.

Este port brinda soporte para gráficos e pantallas táctiles, e posibilita traballar con hardware real. O novo port pódese probar na placa ICE EVB equipada con dous procesadores XuanTie C910 1.2Ghz (RISC-V 64), núcleo XuanTie C910V para computación vectorial e unha GPU que admite decodificación acelerada por hardware de formatos HEVC, AVC e JPEG.

FreeRTOS, Debian e Fedora anúncianse como software compatible. Está previsto que a produción comece en abril e a placa venderase por 150$.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal