Mancomún

OSHWDem 2024, 12 de outubro

Luns, 29 Abril 2024
OSHWDem 2024, 12 de outubro

A OSHWDem 2024 está de volta!

Atención a todos os afeccionados á electrónica, makers, e curiosos da tecnoloxía! Marquen os seus calendarios porque a OSHWDem 2024 está a piques de desembarcar no Museo Domus da Coruña o 12 de outubro de 2024 para unha nova edición.

Cartel da OSHWDem 2024, 12 de outubro
Un pulpo cun cartel e unha raspberry pi

Que é exactamente a OSHWDem? Unha feira de tecnoloxía aberta organizada por Bricolabs na cidade da Coruña, un evento que celebra a tecnoloxía colaborativa, o software e o hardware libre.

Se nunca asistiches á OSHWDem, estarás a preguntarte que che espera. Pois ben, te garantizo que atoparás exposicións fascinantes relacionadas coa electrónica, a robótica, a impresión 3D, e todo o relacionado coa cultura maker. Ademais, terás a oportunidade de asistir a charlas e talleres impartidos por expertos, onde poderás aprender desde o máis básico ata conceptos avanzados.

Pero iso non é todo! Tamén haberá competicións de robótica que che deixarán coa boca aberta. Os competidores mostrarán as súas habilidades co obxectivo de alcanzar o podio. É unha experiencia que definitivamente non querrás perder.

E non esquezas a parte de networking. Poderás conectar con outros makers e compartir experiencias con persoas apaixonadas pola tecnoloxía aberta. Facer novos amigos e establecer contactos profesionais é parte da diversión!

A quen vai dirixida a OSHWDem? É un evento aberto a todo o mundo, desde principiantes ata expertos no campo. Así que se es unha familia, un estudante, un profesional ou simplemente un apaixonado da tecnoloxía, es máis que benvido a unirte a nós nesta celebración!

E se xa asistiches a eventos anteriores, animámoste a participar novamente. Trae os teus proxectos e únete a nós! Imos facer deste día unha gran festa para a comunidade maker!

Recorda, a participación na OSHWDem é gratuita, pero é necesario inscribirse previamente para asegurar o teu lugar. Manténte atento ás nosas redes sociais e sitio web para obter máis detalles sobre como rexistrarte.

Non te perdas a OSHWDem 2024 e sé parte desta emocionante comunidade!

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal