Mancomún

Ozone, capa de abstracción de Chromium para Wayland

Xoves, 16 Setembro 2021
Ozone, capa de abstracción de Chromium para Wayland

Ozone, capa de abstracción da plataforma por baixo do sistema de xanelas de Aura que se utiliza para a entrada e os gráficos de baixo nivel, soportará novos sistemas de xanelas alternativos a X11 en Linux como Wayland.

Grazas a Red Hat, o navegador de Mozilla conta desde hai tempo con soporte nativo para Wayland, pero en Chromium, o desenvolvemento do soporte nativo vai máis lento. O feito de que a próxima LTS de Ubuntu vaia usar Wayland por defecto motivou a aceleración do desenvolvemento de Ozone.

Maksim Sisov, enxeñeiro de Igalia, publicou en Twitter:
“nos comprace anunciar que Ozone/X11 está agora habilitado ao 100% nas canles STABLE e BETA. Estamos a traballar en marcar como obsoletas as versións que non son de Ozone/X11 e imos comezar a eliminar o antigo roteiro de X11 herdada”.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal