Mancomún

PineTime, reloxio intelixente de Pine64

Mércores, 28 Xullo 2021
PineTime, reloxio intelixente de Pine64

PINE64 lanzou o PineTime, smartwatch de software libre, produto dirixido a entusiastas do código aberto e de GNU/Linux. PineTime é o complemento ideal para o PinePhone.

PineTime chega co firmware InfiniTime e conta cun corpo de 37,5 x 40 x 11 milímetros e un peso de 38 gramos, pantalla táctil IPS de 1,3 polgadas, resolución de 240×240 píxeles de 65.000 cores, e ARM Cortex-M4 F a 64 MHz.

Memoria Flash de 512 KB e outra de 4 MB, 64 KB de RAM. Bluetooth 5 con soporte de baixo consumo ademais de acelerómetro, sensor de frecuencia cardíaca PPG e vibrador. Batería de tipo LiPo de 180 mAh.

PINE64 avisa que:
“o desenvolvemento dun dispositivo selado é máis difícil, principalmente porque non hai acceso á interface de depuración de baixo nivel que lle permite recuperarse dos erros”.

Pódese comprar a través da tenda de PINE64 baixado a 26,99 dólares.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal