Mancomún

Presentación da Guía de Accesibilidade na Tecnoloxía

Mércores, 2 Abril 2025
Presentación da Guía de Accesibilidade na Tecnoloxía

A accesibilidade no software é clave para garantir que todas as persoas, independentemente das súas capacidades, poidan usar aplicacións e servizos dixitais sen barreiras.

Con este obxectivo, presentamos a Guía de Accesibilidade na Tecnoloxía, un recurso dirixido a entidades desenvolvedoras e profesionais do sector TIC que desexan mellorar a accesibilidade das súas solucións.

táboa de discapacidades

📅 Data: 8 de abril de 2025

🕒 Hora: 10:00

Modalidade: En liña
Sala Faladoiro Mancomún, a través desta ligazón (https://faladoiro.mancomun.gal/b/adm-azp-4se-rpl)

Neste evento explicaremos a motivación detrás da creación desta guía, os seus principais contidos e como pode axudar ás empresas e administracións públicas a incorporar criterios de accesibilidade nos seus proxectos tecnolóxicos.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal